A lenda de Salvaterra: O Rei Ramiro II
Se seguimos a versión literaria de Leandro Carré Alvarellos, o rei Ramiro II recibiu no castelo de Salvaterra unha embaixada do califa de Córdoba "Al Nasir", en que viña o xeneral mouro Abelcadan.
O xeneral, aproveitando que o rei tivo que ir a León, fuxiu coa raíña para o castelo de Gaia, en Portugal.
Cando o rei Ramiro o soubo, co seu fillo Ordoño, partiu ao mando dun exército atrás da esposa consentidora e o raptor.
O rei, disfrazado de mouro, entrou en pazo inimigo e conseguiu falar coa súa muller, que estaba namorada de Abelcadan.
Ramiro, grazas a unha estrataxema, consegue vencer o mouro e as súas tropas.
De regreso nunha nave, tomou unha gran pedra, atouna ao pescozo da raiña e fixo que a guindasen á auga.
En Salvaterra, bautizou unha doncela que o axudara e casou con ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario