Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño inicia a recollida de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e aseo, con motivo da campaña de Nadal. Esta campaña está dirixida especialmente aos Centros Escolares da Vila e aos establecementos colaboradores (supermercados do termo municipal).
Ao longo do ano, o Concello atende a máis de 200 persoas, entre as que se encontran un número elevado de menores, aos cales se presta unha especial atención.
Dende a súa creación, no ano 2009, o programa de Alimentos Municipal leva repartido máis de 82.000 kilos de comida, coa entrega mensual de alimentos de primeira necesidade, a todas aquelas familias que están pasando por unha situación complicada.
Todos os meses o Departamento de Servicios Sociais atende as necesidades básicas destas familias, a través dos alimentos doados ( tanto individualmente como a través das diversas campañas de recollida que realiza o Concello), enviados por Cruz Vermella e os comprados polo propio Concello, co fin de conseguir unha dieta o máis equilibrada posible.
Fuente:Xornal21
No hay comentarios:
Publicar un comentario