lunes, 26 de octubre de 2015

II EXPOSICIÓNS DE CABAZAS


exposicion de calabazas

Este ano, de novo, o CRA A Lagoa de Salvaterra de Miño, organiza a súa II EXPOSICIÓN DE CABAZAS. Para levala a cabo conta coa colaboración das asociacións locais de comerciantes e empresarios ACES e UNES e do Concello de Salvaterra de Miño. Con esta exposición pretende conmemorar e redescubrir O Samaín, unha tradición case perdida e que comeza a estar en auxe. Do mesmo xeito pretende dinamizar o comercio local mediante un roteiro de establecementos onde as cabazas elaboradas polos alumnos do centro, todos eles de 3,4 e 5 anos, serán as protagonistas.

Este roteiro- exposición estará aberto a todos desde o 27 de outubre ata o 7 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario