lunes, 14 de diciembre de 2015

A restauración das Pesqueiras do Río Miño


O Arquitecto e Director das obras de restauración das tres Pesqueiras do Río Miño en Salvaterra explícalle a 1ª Tenente de Alcalde, Marta Valcárcel en que consistiron as obras efectuadas nas mesmas.

pesqueiras

Este proxecto de restauración destas tres Pesqueiras, coñecidas popularmente na zona como "Maximina", "Bucheira" e "Mon" enmárcase dentro dun gran proxecto, que ten dous grandes obxectivos. O primeiro e a investigación, pretendese recoller información para elaborar un catálogo das pesqueiras, aínda existentes no municipio, coa localización e características particulares, e con elo, acometer con criterios análogos as próximas intervencións que se pretenden realizar. Ademais da súa posta en valor a consideralas como elementos potenciais no percorrido do futuro paseo fluvial que se pretende levar a cabo en toda a marxe do Río Miño.

O segundo obxectivo é a de intervención e recuperación destas tres pesqueiras, con diversas patoloxías, localizadas río arriba, comezando no paseo fluvial, baixo o Castelo de dona Urraca. As propias singularidades destas construcións fanas altamente interesantes para os visitantes, xa que as pesqueiras do Miño son construcións de grandes sillares de pedra que se adentran no río, e que teñen a súa orixe durante a colonización romana, co obxecto de pescar lampreas, salmón sábalo e outras especies do río ao remontalo, debido a súa estratéxica situación. Están formadas por un muro de pedra ou varios, que rondan os tres metros de espesor denominados "poios" o "pescos". Estas pesqueiras localízanse durante 30k, de curso fluvial dende Salvaterra a Crecente, tanto na beira española como na portuguesa, chegando a ter 700 das apenas 300 que se conservan na actualidade.

As pesqueiras de Salvaterra son xeralmente dun solo pesco perpendicular ao muro, cunha lonxitude que oscila entre os 20m levantándose 6 m dende o fondo, xeralmente sobre unha roca, construída en mampostería concertada en seco, con grandes sillares entrelazándose sen máis unión que as propias pedras, algo menores con respecto ás das zonas máis altas. Tamén a forma de pesca das pesqueiras varía das zonas altas á utilizada en Salvaterra, na nosa zona úsase a "rede cabaceira", consistente nunha rede larga que se utiliza lastrada con pedras e pendurada de boias flotantes. A maia lárgase en pozos e remuíños pretos a pesqueira, e traballa flotando.

Este proxecto de restauración e posta en valor do noso patrimonio é unha acción máis encamiñada a promoción e divulgación do noso Municipio.

Estas Pesqueiras van pasando de pais a fillos, e foron e seguen sendo a base económica de moitas familias, pola importancia especialmente da lamprea, a raíña do Río Miño, que se pesca nos tres primeiros meses do ano e que atrae a moitas persoas a visitarnos para degustala nos restaurantes da zona, nas súas diferentes formas, a burgalesa, asada, rechea, etc.

O Concello segue traballando na recuperación do seu patrimonio histórico–artístico, como fixo coa adquisición das Murallas e Castelo da Raíña Dona Urraca e a súa posterior rehabilitación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario