viernes, 5 de febrero de 2016

16 carrozas inscritas no entroido de Salvaterra ...

Máis de 1.400 participantes e 16 carrozas inscritas no Entroido de Salvaterra de Miño

enterro lamprea

Un total de 16 carrozas con más de 1.400 participantes en comparsas desfilarán o sábado 13 de febreiro, a partir das 18.00 horas, durante o Enterro da Lamprea. As comparsas pertencen, ademáis de a Salvaterra, ós veciños municipios de Salceda, Ponteareas, As Neves, O Porriño, Tui, Mondariz e Mos. A inscrición pechouse o pasado martes día 2.
Tódalas persoas que queran participar como ‘Choronas’ na comitiva fúnebre do Enterro da Lamprea, vestidas de rigoroso loito, poden facelo sen inscrición. A tenente de alcalde e concelleira de Culltura, Marta Valcárcel anima ós salvaterrenses e a veciños doutros municipios “a formar parte desta comitiva arredor da defunda Lamprea. Un xeito divertido de participar no noso Entroido”.
A saída do desfile de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2016 é dende a rúa Rosalía e descorre o desfile pola rúa Castelao, Fonte da Vila, Dona Urraca e praza do Concello, o próximo 13 de febreiro ás 18.00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario