viernes, 5 de febrero de 2016

Un gran lazo con máis de 200 globos ...


Nenos e nenas de Salvaterra elaboran un lazo con máis de 200 globos contra o Cancro

salvaterra

A praza do Concello de Salvaterra, nunha tarde solleira, foi testigo da inquedanza dos cativos do municipio por presentarlle cara Á enfermidade do cancro no día internacional que se celebra en todo o mundo.
Ao longo de máis dunha hora, os pequenos foron inchando globos ata conformar un gran lazo que se colgou na fachada da casa do Concello.
Despois cada cativo se lle deu un globo inchado con helio de cores distintos querendo representar os distintos tipos de cancro. Ao final do acto, os nenos e nenas soltaron os seus globos como colofón a esta actividade solidaria e de concienciación que busca despertar nos cativos hábitos de vida saudable.
A tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Sanidade, Marta Valcárcel, afirmou que “cómpre xestos coma este para asegurar nas novas xeracións unha gran concienciación contra esta enfermidade nos súas distintas manifestacións. Estamos orgullosos desde Salvaterra de contribuír con esta actividade a concienciar á sociedade” ademais de ser unha mostra de apoio a todas esas persoas que loitan diariamente contra esa enfermidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario